

Nome científico: gerris lacustris
Nome en galego: zapateiro
Nome en castelán: zapatero
Nome en inglés: pondskater
Identificación: é de cor máis ou menos marrón escuro e tamén ten todo o corpo cuberto con miles de pelos minúsculos que posúen un revestimento similar á cera. Sobre a súa cabeza posúe longas antenas e grandes ollos. Tamén posúe tres longos pares de patas, das cales, as catro traseiras as utiliza para impulsarse e como timón, mentres que as dúas dinateiras, algo máis curtas, as utiliza para atrapar as súas presas.
Dimensións: 20-30 mm.
Alimentación: moscas, mosquitos, libeliñas, un pouco de todo, dentro dos insectos. Por isto é considerado un insecto útil nas charcas xa que axuda a mantela limpa doutros insectos como por exemplo os mosquitos.
Depredadores: aves e anfibios.
Reprodución: a copulación ten lugar no mes de maio. Posteriormente a femia pon os ovos, en plantas acuáticas, e na primavera xa temos a charcas chea de zapateiros.
Hábitats: en ríos, mellor en augas lentas ou paradas e por suposto en charcas.
Distribución: en ríos e charcas de toda Galicia
Curiosidades: o máis impresionante deste insecto é como se desliza pola auga sen afundir. Isto é grazas ao seu longuísimo segundo e terceiro par de patas. Mestres o segundo da impulso, o último ten ademais a función de timón para ir en calquera dirección. Cada un destes dous pares de patas posúen unha almofadiña formada por pelos hidrófugos, que conseguen formar unha minúscula bolsa de aire sobre a superficie, o que o mantén en flotación constante.