top of page
Sapo raxado

Nome científico: discoglossus galganoi.

Nome en galego: sapo raxado, sapo das veigas, ra das herbeiras, sapiño pintoso.

Nome en castelán: sapo pintojo ibérico, sapo rajado.

 

Dimensións: entre 50 e 75 mm.  Os machos son máis grandes que as femias.

 

Identificación: animal de aspecto entre sapo e ra, coa pel moi pouco verruguenta e sen glándulas parótidas. Dorso cincento, apencado de manchóns pardos. Fuciño longo e puntiagudo. Dedos curtos e puntiagudos.

A coloración é olivácea, gris ou parda. Posúe unha banda que vai dende o fuciño ata a parte de atrás.

Ten, si é a variedade oliváceo, un gran parecido as rás.

 

Lonxevidade: pode vivir ata 8 anos.

 

Alimentación: come todo tipo de insectos. Gústanlle moito as formigas, pero non desprecia miñocas, caracois, lesmas, etc.

Poden practicar o canibalismo comendo larvas da súa propia especie.

Os sapos moi grandes poden chegar a capturas crías de ratos.

 

Hábitat: prefire os prados e as hortas para vivir. Está moi vencellado á auga. Moitas veces ocupa pozas e regueiros de moi pouco caudal nos prado húmidos e xunqueiras. Pode compartir lugar coas ras. Pode aparecer tamén en charcas que non estean moi limpas.

 

Curiosidades: sapo non moi coñecido ten hábitos crepusculares e nocturnos.

 

Reprodución: a reprodución comeza en marzo. Ao principio pon entre 20 e 50 ovos, pero o longo do día pode chegar  a poñer entre 300 e 1.500 ovos.

Ao eclosionar as larvas miden 3 mm. Como todos os sapos saen individuos acuáticos que se diferencian en moito dos pais. Os cágados, que é como se chaman as larvas dos anfibios, antes de converterse en adultos,  non son fáciles de distinguir entre as distintas especies. Conforme medran van crecendo as patas traseiras, logo as dianteiras e por último perden a cola. Tamén substitúen as branquias por pulmóns. Toda unha metamorfose sensacional e marabillosa. Rematan o proceso no verán.

 

Distribución: dende logo é moi común en toda Galicia. Trata de evitar as Serras, non subindo dos 1.000 metros.

bottom of page