

Nome científico: Pelophylax perezi
Nome en galego: Ra verde, ra verdexada.
Nome en castelán: Rana Verde.
Nome en inglés: Green Frog.
Identificación: Trátase dunha ra grande, co lombo apencado de manchas negras ou pardas, cunha fina liña vertical no lombo. É moi verde ( hai exemplares máis pardos, pero en xeral é verde con algún tono pardo e manchas negras). Os dedos dos membros posteriores teñen membranas interdixitais, para nadar mellor. Non ten antiface despois do ollo (isto é definitivo para distinguilas das outras ras).Ollos grandes e saíntes. Os tímpanos ben visibles. E por suposto cantarina.
Dimensións: poden chegar a medir entre 50 mm e 75 mm .
As femias un pouco máis grandes poden chegar a medir 100 mm .
Trátase dunha ra grande.
Alimentación: todo tipo de insectos, tanto larvas acuáticas como terrestres, ou sexa, dende dípteros, tricópteros, coleópteros e moluscos, na auga, ata, dípteros, arácnidos,etc. Tamén peixes moi pequenos, e outros.
Depredadores: entre os seus depredadores atópanse outros anfibios, réptiles e aves.
Reprodución: desde abril ata xullo. A reprodución ten lugar principalmente en auga permanente, preferindo ambientes con abundante recubrimento de vexetación de ribeira. Durante a época reprodutora as femias poden desovar un número medio de 2.300 ovos. A duración do desenvolvemento larvario soe ser de dous meses.
Lonxevidade: pode chegar a vivir ata os 9 anos.
Hábitat: prefire a auga máis lenta e non se adapta moito a ríos de caudal rápido. Prefire polo charcas e lagoas de auga morniña.
Distribución: dende logo é moi común en toda Galicia, quizais salvo no norte de Lugo que hai menos. Podemos dicir que lle gustan os ambientes máis cálidos. En Galicia vive dende o nivel do mar ata 1.800 metros.
Curiosidades: os sonidos dos diferentes cantos que emiten os machos relaciónanse coa atracción das femias e o mantemento de pequenos territorios dentro da auga. Os adultos toman o sol arredor da charca, onde se sumerxen dun chimpo cando detectan perigo.