

Nome científico: ra ibérica
Nome en galego: ra patilonga, zampexa, ra dos regos, ra dos vals, ra roxa.
Nome en castelán: rana patilarga, rana Ibérica
Nome en inglés: iberian frog
Identificación: de cor variable predominando máis os tons pardos, aínda que tamén se pode atopar de cor ocre ou avermellado, e pintas ou manchas escuras no dorso. Nos solos cubertos de follas pode pasar bastante desapercibida.
Nos laterais da cabeza presenta unha mancha escura, a modo de anteface dende o fociño ate a altura das extremidades dianteiras.
Dimensións: entre 30 e 60 mm
Alimentación: todo tipo de insectos (sobre todo dípteros e coleópteros) e arañas.
Depredadores: as aves en xeral.
Reprodución: reprodúcese entre novembro e abril. O número de ovos por posta é de 100-445. Alcanza a madurez aos 2 anos de vida.
Lonxevidade: pode alcanzar os 9 anos de vida
Hábitat: ten preferencia por regatos e ríos rápidos e de auga fría con boa cobertura vexetal nas beiras, aínda que tamén podémola atopar en charcas, lagoas ou en terreos moi húmidos e asolagados.
Distribución: especie endémica da Península Ibérica.
Curiosidades: recoñecémola polo tamaño das extremidades traseiras, xa que son máis longas que en outras especies (se lle estendemos as extremidades traseiras cara a cabeza podemos apreciar como o talón supera a punta do fociño). Tamén porque posúe unhas grandes palmaduras interdixitais, o tímpano é máis pequeno co ollo, tendo a gorxa pigmentada cunha liña central clara.