top of page

Nome científico: salamandra, salamandra

Nome en galego: pintega común

Nome en castelán: salamandra común

Nome en inglés:

 

Identificación: ten a pel lisa, brillante e presenta un deseño de coloración con manchas amarelas sobre un fondo negro. A cabeza está ben diferenciada do corpo que é case cilíndrico á excepción da zona do ventre. Destacan as dúas glándulas parótidas a ámbolos dous lados da cabeza e unha liña, de glándulas máis pequenas, paravertebral que recorre o corpo e mais o rabo. Con elas segregan sustancias noxentas para  defenderse.

O tamaño da larva oscila entre 19 e 35 mm antes da metamorfose. A cabeza é robusta e ancha, cun morro moi redondeado. Diferéncianse doutras larvas de anfibios por dúas cristas que presenta a ámbolos dous lados da cabeza.

 

Dimensións: pode chegar a medir 200-250 mm

 

Alimentación: miñocas, llesmas, escarabellos, cempés pequenos e algunha vez poden alimentarse doutros insectos.

 

Depredadores:  a meirande parte dos depredadores, como a víbora, a culebra de auga, algunhas aves e outras especies de anfibios, elixen como presa ás larvas de píntega. Os exemplares adultos prácticamente non teñen depredadores, aínda que esporádicamente, especies como o raposo, o visón ou o xabarín e algunhas aves rapaces poden incluílas na súa dieta.

 

Reprodución:  trátase dun caso único de ovoviviparismo entre anfibios en Galicia. Pare as súas crías en augas limpas e osixenadas. Aínda que non está moi estudiado, unhas veces nacen as larvas provistas de branquias e a súa metamorfoses tarda de tres a catro meses en completarse; outras veces trátase dun auténtico parto, xa que os novos seres nacen totalmente desenvolvidos, despois de alimentarse, dentro do útero, dos seus irmáns menos desenvolvidos.

 

Lonxevidade: pode vivir 20 anos.

 

Hábitat: vive nos bosques,  é polo tanto terrestre, aínda que se atopa en ambientes húmidos e sombríos, con elevada humidade e con auga próxima (charcas) para liberar ás larvas en poboacións ovovivíparas. Follas e árbores caidas sempre que sexan húmidas e sombrías son o seu lugar preferido. Tamén se encova baixo as pedras e por suposto as raíces das árbores.

Trátase dun anfibio nocturno.

 

Distribución: é moi común en toda Galicia.

 

Curiosidades: sempre foi moi perseguida polos labregos acusándoa inxustamente de contaminar ríos e regatos.  A través da pel e sobre todo das glándulas parótidas, liberan unha toxina, irritante en contacto coas mucosas, o que, unido a súa chamativa coloración, na natureza, negro e amarelo, indican perigo, é un bo repelente contra os depredadores. La maioría de animais que teñen tido unha píntega na boca, non terán gañas de repetir, as súas cores de aviso son fáciles de recordar! Cando se molesta solta un líquido de aspecto leitoso e desagradable e que pode producir en algúns un pequeno prurito na pel. Nada máis. Basta con lavar as mans.

bottom of page