

Nome científico: notonecta glauca.
Nome galego: nadadora de costas, abella de auga.
Nome en castelán: garapito.
Identificación: unha característica propia é que nadan de espalda coa parte ventral cara arriba (que é de cor parduzco e amarelo), por outra banda teñen moi longas as patas nadadoras, cheas de pelos. Suben moi a menudo para respirar, xa que o fan polo método da burbuxa (atrapan unha burbuxa de aire que manteñen baixo as ás, de feito si o necesitan fan usos desta burbuxa). O sistema respiratorio é de tipo traqueal. Ten polo tanto uns espiráculos no abdome que se abren ou pechan cando quere.
Dimensións: pode medir entre 100 e 150 mm.
Alimentación: son depredadores e atacan a presas tan grandes como cágados e peixes pequenos, e pode causar unha dolorosa picadura a un ser humano si se sente molestada ou acurralada. Para comer, inxectan un ácido rico en enzimas que dixiere ás vítimas antes de comelas. Así todo o seu interior convértese en papilla que poden absorber. Por iso son coñecidas como abellas de auga.
Depredadores: as arañas son grandes depredadores das nadadoras de costas.
Reprodución: poñen ovos nas plantas das charcas e ríos.
Hábitat: habitan nas charcas, lagos, lagoas, estanques e beiras dos ríos.
Distribución: en toda Galicia
Curiosidades: poden voar ben e así migran con facilidade a novos hábitats.