top of page

Nome científico: triturus boscai

Nome en galego: limpafontes ou pintafontes común

Nome en castelán: lagartija de agua

Nome en inglés: newt

 

 

Identificación: presentan unha cor parda ou marrón polo lombo, mentras que o ventre ten unha cor alaranxada sobre o que destacan manchas ou puntos negros.

As larvas miden entre 10 e 18 mm, e son de color amarelenta cun leve deseño punteado en escuro e presentan unha crista dorsal que se continúa ata o final da cola, onde acaba en ángulo agudo.

 

Dimensións: 100 mm

 

Alimentación: na fase acuática consumen sobre todo larvas de dípteros. Logo consume todo tipo de insectos. Tamén ovos de outros trituros.

 

Depredadores: culebras de auga e aves en xeral.

 

Reprodución:  comeza en febreiro, prolongándose ata xullo. Pon os ovos na auga e as primeiras larvas (cágados) obsérvanse en primavera completando a súa metamorfose de xullo a setembro.

 

Lonxevidade: entre 10 a 15 anos

 

Hábitat: prefiren pequenas masas dos ríos, charcas, fontes, pozas nas beiras dos ríos, pilóns, etc. O que está claro é que limpan as fontes.

 

Distribución: dende logo é moi común en toda Galicia. É común en toda a Provincia de Pontevedra e a Coruña, en Ourense e Lugo menos.

  

Curiosidades: cando se sente en perigo ten unha estratexia; arquea o corpo levantando a cola e a cabeza e estirando as extremidades, desta forma mostra a coloración alaranxada da zona ventral do corpo, cabeza e cola.

bottom of page