top of page
Libeliña

Nome científico: cordulegaster boltonii

Nome galego: libeliña, quitaollos común.

Nome castelán: libélula, quitaojos común.

Nome en inglés: dragonfly.

 

Identificación: o corpo presenta tres partes perfectamente diferenciadas: cabeza, abdome e cola longa. A cabeza é móbil con grandes ollos. Teñen as ás,  que en repouso permanecen despregadas como un avión.

 

Dimensións: ata 80 mm.

 

Alimentación: aliméntanse de mosquitos e outros pequenos insectos como moscas, abellas, bolboretas… Na fase larvaria aliméntanse de larvas de mosquitos e outros invertebrados acuáticos.

 

Depredadores: paxaros, arácnidos e outros insectos.

 

Reprodución: as libeliñas femias poñen os ovos en ou preto da auga, a miúdo nas plantas flotantes. Cando algunhas especies están poñendo os ovos na auga, sumérxense por completo coa finalidade de poñer os seus ovos nunha boa superficie. Nacen as ninfas que poden estar nese estado e na auga ata 5 anos.

 

Lonxevidade: pode vivir ata 7 anos.

 

Hábitat: preto dos ríos e charcas.

 

Distribución: atópase moi extendida por toda Galicia.

 

Curiosidades: o ciclo de vida das libélulas, desde a fase de ovo ata a morte en idade adulta, abarca entre seis meses e ata seis ou sete anos. Os ovos eclosionan en ninfas e durante esta etapa aliméntanse de larvas de mosquitos. A meirande parte da vida dunha libélula gástase en forma de ninfa, debaixo da superficie da auga, usando mandíbulas extensibles para capturar outros invertebrados ou incluso pequenos vertebrados como cágados ou peixes. Respiran por branquias que teñen no recto e teñen a capacidade de desprazarse rapidamente pola auga grazas a un impulso orixinado por unha expulsión de auga repentina que ocorre a través do ano.

A etapa larval de libélulas de gran tamaño pode durar ata 5 anos. Nas especies máis pequenas, esta etapa pode durar entre dous meses e tres anos. Cando a larva está lista para “metamorfearse” en adulto, sobe por unha cana ou herba. A exposición ao aire fai que inicie a respiración. A pel ábrese nun punto débil detrás da cabeza e a libélula adulta arrastrase cara a fóra da súa pel larval. Esta etapa xa como libélula voadora pode durar de 5 a 6 meses.

bottom of page