top of page
Gaiteiro

Nome científico : Calopterix virgo.

Nome en galego: Gaiteiro

Nome en castelán: Caballito del diablo ou Caballito azul.

 

Identificación: son insectos de moito colorido e corpo moi alongado. Cabeza móbil con pequenos ollos separados. O corpo presenta tres partes perfectamente diferenciadas. Teñen ás que en reposo permañecen sobre o corpo.

 

Dimensións: poden medir ata 45-49 mm.

 

Alimentación: insectos, cazan presas estáticas, pousadas. Na fase larvaria aliméntanse de larvas de mosquitos e outros invertebrados acuáticos.

 

Depredadores: paxaros, arácnidos e outros insectos.

 

Reprodución: a femia pon os ovos na auga. A partir de aquí e durante 1 a 5 anos prodúcese un proceso incrible onde pasa de larva de distintos xeitos, cada vez máis grande e cambiando moito de caparazón, ata subir a unha ramiña ou a unha pedra e cambiar por completo de forma, a cabaliño do demo.

 

Hábitats :Preto dos ríos e charcas.

 

Distribución: atópase moi extendida por toda Galicia

 

Curiosidades : diferencias entre libeliña (anisoptera) e gaiteiro (zygopstera).

 

 

 

 

LIBELIÑA (Anisoptera)

- Ollos compostos de gran tamaño, ocupan toda a cabeza.

- Ás en posición horizontal. As ás posteriores son máis anchas.

- Ás máis robustas e de maior tamaño; voo máis potente, elevado e sostido.

- Corpo no tan cilíndrico, máis robusto e macizo > 4.5 cm

- Cazan presas en voo

- Soen alonxarse a grandes distancias das masas de auga

GAITEIRO (Zygosptera)

- Ollos compostos de pequeno tamaño, a ámbolos dous lados da cabeza.

- Ás en posición vertical. Estreitamento na súa base. Os dous pares de ás son similares.

- Ás máis pequenas e delicadas; voo menos potente, máis baixo e pouco sostido.

- Corpo cilíndrico ≈ 4 cm

- Cazan presas estáticas, pousadas

Permanecen preto da auga

bottom of page